Cómo facer un pedido

Comprar en Racataplan é moi sinxelo.
Para facer máis fácil a túa compra, verás que o carrito estará sempre presente na marxe superior dereito, así poderás navegar pola nosa Web sen medo a perder de vista o teu pedido.
Seguindo estes sinxelos pasos poderás realizar a túa compra con éxito.
Si durante o proceso te atopas con calquera problema ou dúbida, ponte en contacto con nos en pedidos[at]racataplan.com.

  • TENDA: Cando entras na nosa Web www.racataplan.com, no menú principal atopas un apartado que pon tenda.
  • Clicas e aparecen detallados os nosos produtos.
  • Seleccionas o modelo elixido, a talla, a cor… e engades ó carrito.
  • CARRITO: Unha vez queiras finalizar a túa compra, seleccionas no carrito e te remitirá directamente ó mesmo.
  • GASTOS DE ENVÍO: Aquí podes calcular cales serán os gastos de envío.
  • REALIZAR PEDIDO: selecciona a caseilla realizar pedido e te remite ó formulario de datos.
  • REXISTRO: rexístrate para facilitar posteriores compras. Se xa es cliente, introduce o  teu nome de usuario e contrasinal para evitar cubrir todo de novo.
  • MÉTODO DE PAGAMENTO: Detallamos o pedido e concretamos os gastos de envío. Seleccionas método de pagamento.
  • REALIZAR PEDIDO: Seleccionas realizar pedido e aparece a confirmación de que xa recibimos o teu pedido. Automaticamente te enviamos un mail co número de pedido, os teus datos e a dirección de envío.
  • ENVÍO: Nese momento procedemos a preparar o teu pedido para que sexa enviado na maior brevidade posible.
  • GRAZAS: Grazas por ter realizado a túa compra. Esperamos que os nosos produtos sexan do teu agrado. Disfrútaos!!