Concepto

Racataplan deseña e produce roupa para nenos de 0 meses a 3 anos empregando tecidos de algodón ecolóxico certificado.

Para  a súa produción nos apoiamos en talleres do noso entorno, polo que todas as nosas pezas están feitas na Galiza.

Creamos prendas cómodas, con cores alternativas que facilitan o movemento dos máis pequenos, baseándonos na nosa propia experiencia como pais.

Non queremos deixarlles un mundo destruído, e queremos que eles aprendan a coidalo e aprecialo.

Creemos que o xogo e a educación pasan pola creatividade e o movemento, tanto dos seus corpos como da súa mente, por iso propomos cores non convencionais e estampados motivadores que os fagan soñar.