Condicións xerais de venda

Todas as ventas que se realicen en www.racataplan.com estarán suxeitas ás condicións de prezo, pago, envíos e devolucións que se expoñan nesta web.
Cando realizas un pedido na nosa web, estás aceptando ditas condicións.

PREZOS
Todos os prezos e promocións levan o IVE incluído.
Cando se trate de pedidos realizados fora de territorio español, os impostos de cada país non serán incluídos no prezo.
Os prezos estarán vixentes mentres estean publicados na web de racataplan, e serán reflectidos na confirmación do pedido.
Todos os prezos poden estar suxeitos a modificacións.

FORMAS DE PAGO
Tarxeta de crédito/débito
Acéptanse pagos con Visa, Maestro, MasterCard e AMEX.
As operacións de pago con tarxeta de crédito/débito faranse a través dunha pasarela segura de pago.
No momento de facer o pago, accedes directamente á pasarela de pago da entidade. Os datos solicitados transfírense directamente a Novagalicia Banco. Nin Racataplan nin ninguén máis ten acceso a dita información.
Este sistema de pago non supón ningunha comisión para o cliente.

Paypal
PayPal é un sistema de pago online rápido e seguro.
Cando se fai o pago, PayPal cobra da tarxeta ou conta de PayPal o importe especificado e, no mesmo instante, envíanos a confirmación.
O pago é realizado a través da web de PayPal, polo que nin Racataplan nin ninguén máis ten acceso a ningún dos datos que se facilitan no formulario de pago.
Este sistema de pago non supón ningunha comisión para o cliente.

Transferencia bancaria 
A transferencia bancaria farase á nosa conta de Novagalicia Banco.
Cando escollas este método de pago, antes da confirmación, será facilitado o número de conta correspondente para que poidas facer a transferencia.
Deberás indicar no concepto o número de pedido que te será facilitado no proceso de compra.
Para axilizar o proceso de compra, suxerímoste envíes confirmación de pagamento no momento de facer a transferencia.
Pola nosa banda, este método de pago non supón ningunha comisión para o cliente. Debes consultar coa túa entidade a comisión que eles te aplican para este servizo.

ENVÍO E PRAZO DE ENTREGA
Os envíos serán realizados a través de Correos nun prazo de 3 días laborables a partires da recepción do pago.
Tamén dispomos de de unha opción de entrega por mensaxería en 24 horas.
Os pedidos nos que os pagos sexan recibidos antes das 12 da mañá, sairán ese mesmo día.
Co fin de facilitar e axilizar a entrega, debes indicar unha dirección na que o pedido poida ser entregado en horario de mañá. Nos sitios onde Correos teña reparto de tarde, tamén se realizarán entregas nesas horas.
Se despois de dous intentos non se pode realizar a entrega por ausencia do destinatario no domicilio indicado, será notificada a imposibilidade mediante notificación escrita, informando que dispós de 15 días para a súa recollida na oficina de correos que che será indicada. No caso de envío por mensaxería, despois de dous intentos fallidos de entrega, a mercadoría será remitida de novo a Racataplan.
Os gastos de envío serán especificados antes da confirmación do pedido.
Para envíos ó estranxeiro, póñanse en contacto para coñecer os gastos de envío e períodos de entrega.
Notas:

  •  Se o pedido se realizara en sábado, domingo ou festivo, empezaría a contar dende o día seguinte laborable para o calculo do día de entrega.
  • Para envíos a Canarias e fóra da UE, os gastos de aduana, se houbera, correrían a cargo do cliente. 

CAMBIOS E DEVOLUCIÓNS:
Se non estás conforme coa túa compra, dispós de 7 días hábiles, a contar dende a recepción do pedido, para proceder á súa devolución.
Antes de efectuala, debes porte en contacto con nós vía mail (pedidos[at]racataplan.com) expresando o motivo do cambio ou devolución.
Na nosa resposta, indicaremos cómo debes realizar a devolución.
Só aceptaremos cambios ou devolucións de produtos sen usar e conservando as etiquetas orixinais.
Antes do envío revisaremos coidadosamente os nosos produtos para que non teñas problemas con eles. Se inda así, tiveras calquera problema con algún dos nosos produtos, ponte en contacto con nós vía mail a través de pedidos[at]racataplan.com.
Racataplan non se fai responsable do mal uso dos produtos comprados unha vez os recibas na dirección indicada.
Os gastos de envío en caso de devolucións ou cambios de talla ou cor, correrán a cargo do cliente. Só nos faremos cargo dos gastos de envío cando se trate dun produto defectuoso ou envío dun produto equivocado.
No caso de devolución, o importe do produto se devolverá despois de recibir e comprobar que o produto está en boas condicións.

OBLIGACIÓNS DO CLIENTE
O cliente de www.racataplan.com comprométese en todo momento a facilitar información veraz sobre os datos solicitados nos diferentes formularios e solicitudes de información ou compra.

Ó facer a compra dos nosos produtos, aceptas as condicións de uso desta páxina web, así como as condicións de venta.

PROCESO DE COMPRA

Comprar en Racataplan é moi sinxelo.
Para facer máis fácil a túa compra, verás que o carrito estará sempre presente na marxe superior dereito, así poderás navegar pola nosa Web sen medo a perder de vista o teu pedido.
Seguindo estes sinxelos pasos poderás realizar a túa compra con éxito.
Si durante o proceso te atopas con calquera problema ou dúbida, ponte en contacto con nos en pedidos[at]racataplan.com.

  • TENDA: Cando entras na nosa Web www.racataplan.com, no menú principal atopas un apartado que pon tenda.
  • Clicas e aparecen detallados os nosos produtos.
  • Seleccionas o modelo elixido, a talla, a cor… e engades ó carrito.
  • CARRITO: Unha vez queiras finalizar a túa compra, seleccionas no carrito e te remitirá directamente ó mesmo.
  • GASTOS DE ENVÍO: Aquí podes calcular cales serán os gastos de envío.
  • REALIZAR PEDIDO: selecciona a caseilla realizar pedido e te remite ó formulario de datos.
  • REXISTRO: rexístrate para facilitar posteriores compras. Se xa es cliente, introduce o  teu nome de usuario e contrasinal para evitar cubrir todo de novo.
  • MÉTODO DE PAGAMENTO: Detallamos o pedido e concretamos os gastos de envío. Seleccionas método de pagamento.
  • REALIZAR PEDIDO: Seleccionas realizar pedido e aparece a confirmación de que xa recibimos o teu pedido. Automaticamente te enviamos un mail co número de pedido, os teus datos e a dirección de envío.
  • ENVÍO: Nese momento procedemos a preparar o teu pedido para que sexa enviado na maior brevidade posible.
  • GRAZAS: Grazas por ter realizado a túa compra. Esperamos que os nosos produtos sexan do teu agrado. Disfrútaos!!