Consumir consciente, consumir eco e local

Lin nun artigo que Gustavo Duch se define como un activista da soberanía alimentaria, e o seu ton é vehemente e militante: “Comer camaróns producidos en piscinas, que logo foron trasladados a Tánxer para a súa manipulación e envasados alí en maquías por mulleres explotadas, para ser redirixidos a Rotterdam e, finalmente, comercializado en Europa, é levarse á boca petróleo, pesticidas e inxustizas, sostén. Segundo Duch, estes alimentos perden polo camiño a vida e a enerxía. Sáciannos, pero deixou de ser comida”. A súa misión é convencer a xente de que saír das grandes superficies é “unha exercicio de soberanía e liberdade”.

Isto reconcíliame coas miñas decisións e coa miña posta en marcha de Racataplan, é máis sinxelo comezar este proceso do consumo consciente, responsable, ecolóxico…por a comida e despois ir abrindo o círculo, así foi en moitos países e así esta pasando aquí tamén. O argumentario encáixanos plenamente, poderiamos facer un exacto coa roupa que consumimos nas grandes superficies e rematariamos coa mesma conclusión: comprar doutro xeito é un exercicio de soberanía e liberdade. Que nos achega a compra dun pantalón para as nosas nenas e nenos nunha gran superficie?

Por suposto que poidan ir vestidos, quentes e dignos (que non é pouco en moitas situacións actuais), pero que porcentaxe real de persoas son as que pensa neste beneficio?. A maioría pensariamos que podemos levalos á moda, poden cambiar de pantalón cando queiramos (por suposto xa non se pode herdar dende que as teas e os deterxentes son os que son), podemos investir un presuposto moi reducido no curto prazo, pódenos cubrir un regalo de último minuto…. en positivo non me veñen á cabeza máis posibilidades, en negativo creo que non fai falta que detallemos o que implica nivel ambiental, saúde dos traballadores, condicións laborais e saúde do consumidor. Pero… canto ten de positivo comprar un pantalón que combate todo o anterior?.

Sería xenial recibir correos electrónicos nese sentido, comentarios, redes, cartas!! un exercicio global de positividade que boa falta nos fai a todos.