Envío e prazo de entrega

Os envíos realizaranse a través de Correos nun prazo de 3 días laborables a partir da recepción do pagamento.
Tamén dispomos dun servizo de envio en 24 horas  con mensaxería.
Os pedidos nos que o pago sexa recibido antes das 12 da maña, sairán ese mesmo día.
Co fin de facilitar e axilizar a entrega, debes indicar unha dirección na que o pedido poida ser entregado en horario de mañá. Nos sitios onde Correos teña reparto de tarde, tamén se realizarán entregas nesas horas.
Se despois de dous intentos non se pode realizar a entrega por ausencia do destinatario no domicilio indicado, será notificada a imposibilidade de entrega mediante aviso en papel, informando que dispós de 15 días para a súa recollida na oficina de Correos que te será indicada. No caso de envío por mensaxería, tras dous intentos fallidos de entrega, a mercadoría será entregada de novo a Racataplan.
Os gastos de envío serán especificados antes da confirmación do pedido.
Para envíos ó estranxeiro, ponte en contacto para coñecer os gastos e períodos de entrega.

Notas:

  • Se o pedido se realiza en sábado, domingo ou festivo, empezaría a contar desde o día seguinte laborable para o cálculo do día de entrega.
  • Para envíos a Canarias e fora da UE, os gastos de aduana correrían a cargo do cliente.