Feito na Galiza

Cada prenda de Racataplan é deseñada e producida no rural galego por mulleres que coidan o detalle en cada peza.

Somos un pequeno proxecto que se leva a cabo no rural galego, nunha pequena vila de Ourense, en Viana do Bolo.

Non gostamos do xeito de traballar das “macromarcas”, de horas e horas en pequenos talleres e en condicións de traballo pésimas.

Non gostamos da velocidade que está a tomar todo actualmente. Creemos nunha vida slow, de consumo xusto, ecolóxico e responsable, onde disfrutamos e convivimos en respeto coa natureza.

Creemos que o mundo o mudan as pequenas cousas.

Por todas estas razóns, apoiámonos en talleres do noso entorno, onde cada peza é traballada coma unha prenda exclusiva, onde se mira e mima cada detalle.

Desde que recibimos os tecidos do noso provedor, deseñamos, cortamos, estampamos, confeccionamos en Galiza, fomentando a produción local e o produto nacional.