Quen somos

Gostamos de subir á árbore máis alta de galla en galla; sóbrannos as escaleiras, usamos o pasamáns; non evitamos os charcos, parada e tres saltos; corremos todo o día sen cansarnos; tirámonos na terra, na pedra, na area; facemos bolas de roupa ós pés da cama…

Somos movemento, somos liberdade, somos diversión…

Somos pais, queremos ver como caen e loitan por erguerse; vivir o mundo dende alí abaixo; emocionarnos con palabras sen sentido; volver a arrastrarnos, redescubrir o xogo; vivir microaventuras; medrar con eles; entender os seus medos…

Somos protección, somos tenrura, somos mimo…

Cremos que o mundo o cambian as pequenas cousas; buscamos a natureza nos nosos tecidos; producimos na nosa contorna; non queremos pesticidas nin mans escravas…

Somos ecolóxicos, somos naturais, somos responsables…

Somos racataplan.

concepto

Concepto

Roupa saudable para nenos que se moven
algodon

Tecidos ecolóxicos

Tócache decidir. Se inda non tes claras as diferenzas, neste apartado axudámoste a comprendelas.
certificado

Certificacións

Tecidos 100% certificados
galiza

Feito na Galiza

Deseñados e producidos no rural galego por mulleres que coidan o detalle en cada peza.