Tecidos ecolóxicos

O tecidos ecolóxicos teñen moitas vantaxes sobre os tecidos convencionais.
Se inda non tes claras as diferenzas, neste apartado axudámoste a comprendelas.

Tócache decidir
ALGODÓN ECOLÓXICO ALGODÓN CONVENCIONAL
Sen transxénicos. Nunca se usan sementes modificadas. O 70% das sementes son modificadas xeneticamente.
Libre de pesticidas, herbicidas e fertilizantes químicos de síntese. Utiliza máis do 10% dos pesticidas e do 25% dos insecticidas mundiais.
Úsanse fertilizantes ecolóxicos como o humus ou o po de roca. Utilizan fertilizantes sintéticos.
Menor consumo de auga. Precisa dunha intensa irrigación, co conseguinte estrago de auga.
Utilízanse tinguiduras naturais libres de metais. No seu proceso de tinguido utilizan metais como o cobre, cromo e zinc, altamente contaminantes para o medio e prexudiciais para a saúde.
Ó ser cultivado e tratado naturalmente, segue conservando a súa suavidade. Pola incorporación ó proceso de todas estas sustancias danosas, o algodón perde a súa suavidade.
Deixa que a pel transpire e ventile mellor.
É hipoalerxénico: prevén alerxias, dermatite… e protexe a pel de axentes externos.
Todos os metais tóxicos e o resto de sustancias, poden facer que a pel se irrite provocando dermatite, alerxias, síndrome químico múltiple…
Hai un pleno respecto das condicións laborais dos produtores. A miúdo xera emprego precario e favorece a explotación laboral tanto en nenos como en adultos.
Comezamos con algodón e bambú ecolóxico para apoiar e por o noso gran de arena no coidado da biodiversidade. Apoiar o monocultivo significa matar a terra.