TOTEMS by Cachaldora

Os meus Totems son un canto ao xesto e ao movemento, sinto fascinación polos gravados rupestres, quizais sexa unha reminiscencia xenética… forman parte da iconografía do meu traballo dende o principio, unhas veces móstranse sen reparos, sendo os protagonistas da obra, outras, camúflanse entre trazos propoñendo unha partida ás agochadas, algúns repiten e acompáñanme en ocasións especiais.

image

Neste caso son dous os que repiten e non querían faltar á xuntanza, o resto da tribu naceu para a ocasión e están inspirados na visión dun gatexo e na repetición do xesto ante un novo descubrimento así que, me vin gatexando detrás de Martinho, aproveitando a súa parada para debuxalo, en movemento libre, sobre os seus freemove, un convite ao xogo de imaxinar observando.

image (1)

www.cachaldora.com