TOTEMS by Cachaldora

Os meus Totems son un canto ao xesto e ao movemento, sinto fascinación polos gravados rupestres, quizais sexa unha reminiscencia xenética… forman parte da iconografía do meu traballo dende o principio, unhas veces móstranse sen reparos, sendo os protagonistas da obra, outras, camúflanse entre trazos propoñendo unha partida ás agochadas, algúns repiten e acompáñanme en ocasións especiais. […]

…e máis

En racataplan temos o privilexio de contar con un montón de amigos que puxeron o seu gran de areia para que esto fora adiante. A parte dos que nomeamos anteriormente, que despois de unha relación profesional se convertiron tamén en amigos, están os amigos de sempre que quixeron ser partícipes desta aventura. Sei que se […]

Torga-Vento do Sul

Dende sempre a nosa libraría de confianza. Integrada agora num espazo único onde se levan a cabo innumerables actividades culturais, sociais… Non podería haber un sitio mellor para a nosa presentación. Propuxémosllo e encantados. www.torga.net www.ventodosul.org

Noma

Foron os primeiros en subirse ó carro de racataplan.  Xurdiu a ideia e case de súpeto contamos con eles. Deseño da marca, deseño web, fotografía…. E innumerables traballos máis. Son personal e profesionalmente parte de racataplan. www.somosnoma.com

Serigrafía artesana e confección galega rural

Estampados únicos, especiais, case feitos a man!!. Coidado medioambiental e serigrafía artesana con tintas ecolóxicas, con base de soja certificadas. Un taller que vos presentaremos en breve. Gosto que se move da man de mulleres, ruralidade, mans máxicas que coidan o detalle prenda a prenda.

Packaging y etiquetado

Da man dos impulsores da impresión ecolóxica, coidamos que as nosas etiquetas e o packaging sexan o máis respetuosas posible. Pensando cradle to cradle! Do berce ó berce, e neste caso nunca mellor dito.

Slow Fashion Spain

Fixemos con eles un curso formativo de moda sostenible. Un acercamento para coñecer os puntos básicos e claves da moda eco, ética… Todo da man de Gema. www.slowfashionspain.com

Fabrics For Freedom-María Almazán

Soporte práctico, provedores, procesos íntegros, seguimento e empuxe da man de Fabrics For Freedom. Combinamos con María, escoitounos, demoslle unha volta, dúas, tres, catro…. Buscamos as pezas, encaixamos os engranaxes e saliu o xerme de Racataplan. www.fabricsforfreedom.com